Publicador de contidos

Publicador de contidos

Manifestación na Coruña contra a lei de medicamento veterinario

Manifestación na Coruña contra a lei de medicamento veterinario

A norma limita a prescrición de antibióticos e aumenta a carga burocrática

Os veterinarios denuncian que o decreto lles impide aplicar o seu criterio clínico

Esixen que se reduza a carga burocrática do sistema PRESVET

G24.gal 23/02/2025 14:33

Os veterinarios manifestáronse na Coruña contra a nova lexislación que regula a receita de antibióticos e obriga a notificar electronicamente todas as prescricións de medicamentos a través do sistema PRESVET. Os profesionais denuncian que a normativa actual aumenta a carga administrativa e fórzaos a pautar tratamentos menos eficaces en contra do seu propio criterio clínico.

"Obrígannos a utilizar uns antibióticos e unhas doses que están catalogadas nos prospectos hai vinte anos e que hoxe en día non funcionan", explica Joge Díaz, veterinario.

"Que actualicen primeiro a ficha técnica dos antibióticos e logo que nos esixan. Desta forma o que están facendo é coartar a liberdade dos veterinarios", critica Samuel Fernández, que xestiona un grupo de clínicas veterinarias.

Aseguran que a norma vai en contra dos seus pacientes e, en último termo, en contra da saúde pública.

"Somos a base da saúde pública porque estamos retendo moitas patoloxías que nos interesan a todos como sociedade. É algo que nos afecta a todos como sociedade", di a veterinaria Andrea Mosteiro.

Denuncian que a normativa bloquea o seu exercicio profesional e exponos a sancións desmesuradas, que poden superar o millón de euros. Prohíbenlles dispensar antibióticos nas súas clínicas e están obrigados a introducir no sistema PRESVET cada receita que expiden.

"Para nós, como clínicos, é imposible realizar o noso traballo e a maiores subir esa cantidade de datos para cada prescrición", di Jorge Díaz.

Por todo isto, e por outras cuestións, como o seu rexeitamento ao IVE do 21%, manifestáronse na Coruña, xunto con moitas persoas que conviven con animais e están preocupadas polas potenciais consecuencias lesivas do decreto. O cinco de marzo os veterinarios de toda España manifestaranse en Madrid para esixir a súa derrogación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade