Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alerta entre os donos de cans en Vigo ante a aparición de cebos con alfinetes no Castro

Alerta entre os donos de cans en Vigo ante a aparición de cebos con alfinetes no Castro

Os veterinarios animan a denunciar achados coma este para dar cos desaprensivos delincuentes

O cebo trampa de sardiña seca tiña ata trinta alfinetes ben cravados
G24.gal 14/12/2023 21:06 Última actualización 14/12/2023 21:46

Os compañeiros humanos dos cans que pasean decote polo monte do Castro de Vigo vixían moito máis o que cheiran e traban as súas mascotas desde o luns pasado. Daquela, un deles logrou quitarlle da boca ao seu can un cebo trampa a tempo, como constataron as radiografías da clínica veterinaria de Marta Roballo.

"Ao quitarllo, decatouse de que era un cacho de sardiña seca con alfinetes cravados".

O cebo trampa tiña uns trinta alfinetes cravados a conciencia para que non caesen. O boca orella funcionou e os donos dos cans paséanos con cen ollos pola zona. As consecuencias no aparato dixestivo do animal poden ser devastadoras como nos conta a veterinaria Marta Roballo.

"Perforar, ulcerar algunha víscera e mesmo se se acumulan todos, ao ser un corpo estraño, pode causar obstrucións e poñer en perigo a vida do can".

Para María, que ten unha cadela, é un horror porque, apunta, de tragaren estes cebos sen que o dono se decate, os cans chegan a morrer entre moitas dores

Ademais de andar con máis ollo, nun caso así o primordial, segundo os veterinarios, é denunciar.

"Denunciar para que se faga público, para que a xente o saiba e para dar cos culpables".

A preocupación dos donos de cans é que quen deixou este puido espallar máis cebos neste parque ou noutros, como xa pasou o ano pasado nos do río Lagares ou no da Bouza no barrio de Coia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade