Prohíbese a venda de cans, gatos e furóns nas tendas de animais
Prohíbese a venda de cans, gatos e furóns nas tendas de animais
Entra en vigor a nova lei de benestar animal, que só autoriza como vendedores os criadores rexistrados
Incumprir a norma implica sancións de ata 200.000 euros
Nas tendas de animais xa non é posible mercar nin cans, nin gatos nin furóns. A nova lei de benestar animal prohíbeo. Se queremos adquirir unha destas mascotas, agora temos que dirixirnos a un criador rexistrado.
A venda farase mediante un contrato de compravenda e deberá comunicarse ao rexistro de animais de compañía. Incumprir a norma está duramente penalizado. As multas poden ascender a 200.000 euros. Os criadores din que mercarlles directamente a eles garante a rastrexabilidade da cría do animal.
"O que criamos témolos nós, os seus pais, as súas nais, avós, todo o mundo pode ver en que condicións son criados, e o resultado vese, son animais que non teñen problemas, tranquilos e equilibrados", explica Iván Díaz, do centro de cría Tierras de Breogán.