Primeiras multas de ata 50.000 euros por levar cans sen chip
Primeiras multas de ata 50.000 euros por levar cans sen chip
O Seprona confirma propostas de sancións na provincia de Pontevedra
Antes da lei de benestar animal a multa máxima era de 5.000 euros
Chegan as primeiras multas por levar cans sen chip, multas que non son pequenas. Entre 10.000 e 50.000 euros terán que pagar os propietarios de cans que xa foron denunciados en Galicia, en concreto na provincia de Pontevedra, por non lles poñeren o microchip ás súas mascotas.
Ata que entrou en vigor a lei de benestar animal o 29 de setembro pasado, esas multas non pasaban de 5.000 euros. Agora poden multiplicarse por dez.
O Seprona lembra que é obrigatorio que teñan microchip non só os cans, senón tamén gatos e furóns. E tamén que non se poden deixar as mascotas sen vixilancia ás portas dun supermercado ou dunha farmacia.