Publicador de contidos

Publicador de contidos

Conta atrás do Entroido coas madamas e galáns de Cobres o fiadeiro de Maceda e as comparsas

Conta atrás do Entroido coas madamas e galáns de Cobres o fiadeiro de Maceda e as comparsas

O único Entroido considerado festa de interese turístico de Galicia en toda a provincia de Pontevedra, o de Cobres

G24.gal 22/02/2025 22:12 Última actualización 22/02/2025 22:41

Conta atrás para os dias grandes da festas do Entroido en Galicia, no rural e nas cidades xa se van vendo as ganas de troula.

No triángulo máxico, Xinzo, Verín e Lalza xa levan varios días de celebracións. Este sábado Verín reforzou a figura do capuchón, unha das prendas máis típicas e históricas do seu entroido xunto aos Cigarróns. 

Madamas e galáns en Cobres

O único Entroido considerado festa de interese turístico de Galicia en toda a provincia de Pontevedra, o de Cobres, presentouse este sábado. As madamas e os galáns desfilaron e bailaron por varias parroquias de Vilaboa facendo partícipes do carnaval aos veciños máis aló de San Andrián ou Santa Cristina, núcleos do entroido de Cobres dentro de sete días.  

Como en todos os carnavais as cores falan do fin do inverno e da chegada da primaveira. O exclusivo no Entroido de Cobres, que se presentou oficialmente este sábado, é que as caras das madamas e dos galáns non van tapadas con máscaras. Ademáis ten outra particularidade, outro selo   Ningún traxe é igual ca outro. Todos son feitos na casa ou herdados, con pequenas modificacións en cada edición.

Fiadeiro de entroido en Garguizoi

E en Maceda, a aldea de Carguizoi é o epicentro de seu Entroido rural. Alí celebraron hoxe un fiadeiro, coma os que se facían antano nas cortes. Pero este é un fiadeiro de Entroido e polas rúas xuntaáronse todo tipo de disfraces, música, bo humor e como non, no medio da troula apareceron os felos para animar aínda máis o ambiente.

A festa está na aldea de Carguizoi, en Maceda, onde fan o seu propio Fiadeiro do Entroido. Múscia e bailes...

E como é Entroido todo vale, e o seu é divertirse e facer mofa de todo. 

Concurso de comparsas en Coruña

A Coruña tamén se viste de Entroido. O carnaval comezou esta tarde de forma oficial co agardado concurso de comparsas. Seis agrupacións pasaron polo escenario do Palexco para presentar as súas composicións: músicas recoñecibles por todos e letras afiadas, cheas de humor e retranca.

A comparsa Pantaleón celebra o seu vinte aniversario vivindo o Entroido como o primeiro día. É un dos conxuntos que nunca falla no concurso de comparsas, modalidade música e letra, que tradicionalmente marca o inicio do Entroido coruñés. Co humorista David Amor actuando de mestre de cerimonias ante un patio de butacas practicamente cheo, seis agrupacións déronlle un repaso musical á actualidade coruñesa desde o humor e a ironía.

Os Malandros tamén se lembraron do turismo. Os disfraces de Amigos da Xoldra ldevólvennos á area da praia de Riazor de comezos do século pasado. Esta comparsa lleva leva seis anos animando o Entroido na Coruña.

Festa asegurada desde hoxe e ata catro de marzo, martes de Entroido, festivo nunha Coruña tomada polos choqueiros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade