Propietarios do edificio de Campanar lembran os 10 falecidos un ano despois do incendio
Un ano despois segue aberta a investigación xudicial sobre as causas do lume, que provocou 10 mortes e devorou 138 vivendas neste barrio valenciano

Hai un ano, tal día coma hoxe, rexistrábase o maior incendio estrutural da Comunidade Valenciana ao arder un edificio do barrio de Campanar. Morreron 10 persoas, quince quedaron feridas e 400 perderon todo.
Un ano despois segue aberta a investigación xudicial sobre as causas do lume, que devorou 138 vivendas. A DINA complicouna ainda máis xa que se destruiron algunhas probas. O edificio, cuberto cunha lona azul, xa está listo para comezar as obras de reconstrución. Está previsto que sexa antes do verán. Durarán de 12 a 18 meses e contan cun presuposto de 30 millóns a cargo das aseguradoras.
No aniversario da traxedia, a asociación de propietarios dos bloques da rúa Rafael Alberti quixeron lembrar aos dez falecidos nun acto de homenaxe.
O acto tivo lugar no parque adxacente ao edificio, amenizado por música de violín e violoncelo, no que unha coroa de flores vermellas representaba os dous bloques de vivendas, con dez flores brancas en homenaxe aos dez falecidos. Durante o minuto de silencio, fixeron voar unha decena de globos brancos.
Á homenaxe asistiron máis dun cento de persoas e representantes políticos, como o conseller de Emerxencias, Juan Carlos Valderrama, a alcaldesa de Valencia, María José Catalá, o subdelegado do Goberno en Valencia, José Rodríguez, ou concelleiros do equipo de goberno municipal.
