O cubo de Rubik cumpre medio século sen perder o seu atractivo
O cubo de Rubik cumpre medio século sen perder o seu atractivo
O crebacabezas máis famoso da historia é un dos xoguetes máis vendidos de todos os tempo
O récord teno un estadoudense que tardou 3,13 segundos en resolvelo
O cubo de Rubik é, sen dúbida, o crebacabezas máis famoso do mundo. Vendéronse preto de cincocentos millóns de unidades deste xogo matemático que ideou un profesor de arquitectura como ferramenta pedagóxica para as súas clases. Medio século despois, continúa desafiando as nosas mentes.
Erno Rubik, profesor de arquitectura, creou o famoso cubo en 1974 para axudar os seus alumnos a comprender mellor a tridimensionalidade dos obxectos. Aquela enxeñosa ferramenta educativa acabou converténdose nun dos xoguetes máis vendidos de todos os tempos.
Estímase que un de cada sete humanos intentou resolver este crebacabezas algunha vez. Hai competicións de speedcubing por todo o mundo. O récord actual é do estadounidense Max Park. O tempo: 3,13 asombrosos segundos.
Seica hai que seguir unha vintena de pasos para completar o xogo. Non parecen moitos, tendo en conta que o cubo de Rubik é capaz de adoptar máis de corenta e tres trillóns de combinacións diferentes.