Publicador de contidos

Publicador de contidos

Positivo en cocaína, alcol e benzodiazepinas un condutor de bus escolar que levaba sete nenos en Ourense

Positivo en cocaína, alcol e benzodiazepinas un condutor de bus escolar que levaba sete nenos en Ourense

Enfronta, como mínimo, unha multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do carné

Realizaba a ruta Tamallancos-Amoeiro e os menores que transportaba tiñan entre 6 e 12 anos

Interceptado o condutor de bus escolar positivo en alcol e cocaína. Garda Civil Interceptado o condutor de bus escolar positivo en alcol e cocaína. Garda Civil
G24.gal 18/02/2025 17:38 Última actualización 18/02/2025 18:15

A Garda Civil interceptou nun control un condutor de bus escolar que deu positivo en alcol e cocaína. Nese momento estaba a iniciar a ruta Tamallancos-Amoeiro e transportaba sete menores, de entre os 6 e 12 anos.

O control realizouse a principios deste mes, por parte de efectivos do subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense, e lanzou un resultado do test de alcoholemia de 0,22 e 0,19 mg/l; mentres que deu resultado positivo en cocaína no test de detección de drogas. Estes resultados foron confirmados polo laboratorio homolagado, que tamén constatou a presenza de benzodiacepinas no seu organismo

O condutor enfróntase, como mínimo, a unha sanción administrativa de 1.000 euros e á retirada de 6 puntos do seu permiso de conducir. En calquera caso, a Garda Civil puntualizou que este tipo de condutas son "casos illados e puntuais" e que o transporte escolar "segue sendo a día de hoxe un dos modos de transporte máis seguro".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade