Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sabemos circular polas rotondas?

Sabemos circular polas rotondas?

 Anualmente prodúcense preto de 10.000 accidentes con vítimas nestas interseccións

G24.gal 18/02/2025 11:00 Última actualización 18/02/2025 14:09

Os datos reflicten que non se conduce ben nas rotondas. Anualmente prodúcense preto de 10 mil accidentes con vítimas nestas interseccións. Nunha enquisa entre condutores a maioría responde ben. Quere dicir que a teoría sábena. Pero logo na práctica vense todo tipo de infraccións.

Suso Vilariño, director dunha autoescola, explica que debe circularse como no resto de vías, usando os dous carrís, aínda que normalmente o que máis convén é o da dereita, "o de fóra". Pero de usar o esquerdo (para adiantar ou porque hai un atasco no carril dereito), "debemos mirar polo espello retrovisor, sinalizar e ceder o paso se temos outro vehículo á dereita".

Vilariño tamén explica que as turborrotondas, que se implataron en Portugal e funcionan tamén en Vigo ou Coruña, melloran a fluidez e reducen os sinistros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade