Publicador de contidos

Publicador de contidos

Non respectar a distancia entre coches, entre as tres principais causas de accidente na estrada

Non respectar a distancia entre coches, entre as tres principais causas de accidente na estrada

Unha recomendación se temos un coche moi pegado é tratar de saír da vía na primeira saída habilitada que atopemos

Ir moi pegado ao coche de diante pode levar sancións desde os douscentos euros ata penas de cárcere e perda do carné

G24.gal 19/02/2025 14:12

Non respectar a distancia de seguridade é unha das infraccións de tráfico que máis accidentes provocan. E ademais de perigoso, pode valernos unha multa. A cuestión é: cal é a distancia axeitada, e que podemos facer se vén detrás de nós un vehículo moi pegado.

O primeiro e principal, se vemos que temos un coche moi preto de nós é manter a calma. Non é sinxelo, pero é capital para tratar de minimizar o risco de accidente. Expertos en Tráfico recomendan saír da vía en canto se poida, por unha saída habilitada, claro, sempre, e tratar de librarse do coche que acosa.

Denunciar a situación, por suposto, e, se é posible porque no coche viaxa máis xente que quen vai ao volante, gravar a situación pode ser unha boa pista para a investigación. Na estrada hai que deixar un espazo entre coches que permita unha freada de emerxencia sen colidir co vehículo de diante.

Case dous de cada dez condutores confesan que non sempre cumpren esa distancia. Foi o caso do camioneiro que impactou co seu camión contra un coche no que ía unha familia de Aranga. Conducir de xeito temerario está considerado un delito. O acosador ao volante pode enfrontarse a penas de cadea de dous anos, a multas de máis de cincocentos euros e á perda de ata seis puntos do carné. 

Saír da estrada polo primeiro vial seguro que atopemos. Esa é unha boa reacción. Chamar a Garda Civil. Tamén, na medida do posible, gravar o acoso. Iso fixo unha familia de Aranga que, ao volver de Ribeira, viviu como un camión lles empurrou o coche en marcha. O condutor negou os feitos, dixo que era o turismo o que freaba. As sancións por acoso viario poden chegar a ser de cárcere. 

Contar dous segundos, ou catro se a estrada está mollada, entre o paso do coche que levamos diante e nós, localizando un punto fixo de paso mutuo pode dar unha pista de que a distancia de seguridade que levamos é boa. Ir moi pegado ao de diante está entre as tres principais causas de accidente de tráfico.

Segundo os expertos en tráfico, se temos un coche acosando por detrás, frear bruscamente non é o máis recomendable. Tampouco correr máis, polo menos non cando iso implica máis risco para a situación. Un acosador ao volante pode ser sancionado coa retirado do permiso de conducir, ademais de recibir unha sanción económica que pode superar os cincocentos euros e, nos casos nos que sexa evidente que o seu comportamento ao volante pon en risco a vida doutras persoas, pode chegar a enfrontarse a penas de cadea. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade