Publicador de contidos

Publicador de contidos

Retencións na A-6 á altura de Coirós por mor dun accidente con tres feridos

Retencións na A-6 á altura de Coirós por mor dun accidente con tres feridos

Dous dos feridos están graves e un leve

 Os feridos foron trasladados ao complexo hospitalario da Coruña.

Retencións de tráfico na A6 polo accidente. Cámara da Costa do Sal da DXT Retencións de tráfico na A6 polo accidente. Cámara da Costa do Sal da DXT
G24.gal 16/02/2025 20:55

O accidente produciuse ás 19:35 horas na A-6 á altura de Coirós. Foi unha colisión por alcance entre dous vehículos. No accidente quedaron feridas tres persoas, dúas delas graves e unha leve. Os feridos foron trasladados ao complexo hospitalario da Coruña.

Amais do 061, desprazáronse ata o lugar varias patrullas. No lugar hai retencións e a autovía está cortada. De momento, estase desviando o tráfico pola área de descanso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade