Cargando resultados...
A perda de mercadoría dun camión corta durante unha hora o tráfico da A-52 en San Cibrao das Viñas
As caixas con botellas de auga que transportaba o vehículo caeron ao non estar adecuadamente colocadas

G24.gal
18/02/2025 20:12
A perda da mercadoría dun camión que transportaba caixas con botellas de auga provocou durante a tarde deste martes un corte de circulación na autovía A-52 ao seu paso por San Cibrao das Viñas.
O incidente produciuse ás 17:30 horas debido a que a carga do camión non estaba correctamente almacenada, segundo a información trasladada pola Garda Civil.
Ata a zona mobilizáronse tres patrullas da Garda Civil de Tráfico e persoal do servizo de conservación da estrada, que lograron limpar a vía para que o tráfico quedase restablecido ás 18:30 horas.