Publicador de contidos

Publicador de contidos

O futbolín continúa a gañar adeptos en Galicia, especialmente entre a mocidade

O futbolín continúa a gañar adeptos en Galicia, especialmente entre a mocidade

Galicia conta cun calendario propio de competicións que medran ano tras ano en número de participantes

G24.gal 20/02/2025 19:03 Última actualización 20/02/2025 19:25

Un xogo que se disputa por parellas e que esperta auténtica paixón. O futbolín é para os seus afeccionados.

Para Diego Quindimil, cofundador da Liga Futbolín 981 da Coruña, "goza de moi bo ambiente. É un deporte, é un vicio. Amizade, competición. Teno todo".

Galicia conta cun calendario propio de competicións. Torneos e campionatos que medran ano tras ano en participación. Fillo dun veterano campión de España, Christian é un dos referentes do futbolín coruñés ao que xoga desde adolescente botándolle horas.

"Aínda que pareza que non o futbolín hoxe en día é máis profesional, hai moita xente involucrada e bótalle moito tempo. Hai xente que xoga catro horas ao día e entón para competir contra esa xente fai falta". 

Semifinalista no Torneo Mestres do Norte celebrado recentemente en Lugo, Patricia leva xogando desde nena. Compite desde hai catro anos.

"Un compañeiro que anda por aí dixo que había unha liga na Coruña e viñemos. Gustounos e desde aquela aquí estamos. En Galicia, en xeral, é moi bonito. Levámonos todos moi ben e está moi ben".  

O futbolín segue a provocar interese entre a mocidade que procura alternativas de lecer.

Di Alberto Vázquez, cofundador da Liga Futbolín 981 da Coruña, que "o poder abrazarse coa xente, poder estar con ela, poder estar un anaco con uns e con outros non o ten nin as pantallas nin os teléfonos". 

Son parte dos motivos que os levan a xuntarse diante dunha mesa de futbolín para disputar partidas de liga varios días á semana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade