Cargando resultados...
O Concello de Lugo rectifica as restricións do baile de Frigsa
O Concello de Lugo rectifica as restricións do baile de Frigsa
O Concello non esixirá estar empadroado en Lugo nin limitará a ocupación dos bailes
A medida de restrinxir o acceso provocara fortes críticas dos usuarios
G24.gal
16/05/2024 10:50
O Concello de Lugo recúa e non aplicará restriccións de ocupación nin esixirá estar empadroado na cidade. Deste xeito as mobilizacións dos usuarios fan efecto e estes poderán gozar dos bailes sen ningún tipo de inconveniente.
A polémica norma limitaba o número de asistentes a 50 como máximo e, sobre todo, non permitía a presenza de persoas pertencentes aos concellos limítrofes.
Para moitas persoas, cuxa maior afección é gozar destes bailes e que pasan gran parte do seu tempo sós, a noticia supuxo un xerro de auga fría, polo que estarán satisfeitos coa rectificación do Concello.