Publicador de contidos
Publicador de contidos

A cantina de Toiriz, en Pantón, converteuse en centro dinamizador da parroquia

A cantina de Toiriz, en Pantón, converteuse en centro dinamizador da parroquia

Foi recuperada pola comunidade de montes veciñais, que decidiu investir aquí os recursos gañados

Leva un ano aberta e converteuse en lugar de xuntanza para maiores e mozos

G24.gal 05/05/2024 21:14

Fala Manuel Carballada, da Comunidade de Montes de Toiriz,  da cantina que volveu encher de vida a parroquia de Toiriz, en Pantón. Leva un ano aberta, e desde entón converteuse no lugar de xuntanza habitual, como xa fora antano, ata que o negocio pechou.

Nun domingo, o local está cheo e zumega vida.

Como as cantinas de antes, o negocio tamén funciona como tenda para produtos esenciais. 

Pero o que ten, sobre todo, é un lugar para que mozos e maiores compartan un espazo de ocio sen saír do lugar. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade