Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Supremo dá ferramentas para evitar os pisos turísticos nas comunidades veciñais

O Supremo dá ferramentas para evitar os pisos turísticos nas comunidades veciñais

Nas xuntas de veciños precisan unha maioría de tres quintos para prohibilos e non unanimidade

Non ten efectos retroactivos e só afectará a quen queira destinar a súa vivenda no futuro á actividade turística

G24.gal 13/10/2024 14:34 Última actualización 13/10/2024 17:34

O Tribunal Supremo dá ferramentas aos propietarios para evitar os pisos turísticos nas comunidades de veciños. 

O alto tribunal vén de avalar que poidan prohibir ese tipo de vivendas se así o acordan por maioría de tres quintas partes nas xuntas de propietarios. Unha medida que non ten efectos retroactivos, polo que non afectará a aqueles que xa están a realizar a actividade de xeito legal.

Desde a Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia non cren que esta decisión vaia ter un grande impacto.

"Isto non serve de gran cousa porque cando ti fas esa prohibición para volver a quitala necesitarías unanimidade. Quen quere perder valor na súa propiedade? pois que lle quite ese posible uso, entón perderá valor a súa propiedade por suposto, non ten moito sentido facelo. E despois pasa outra cousa esta decisión non funciona retroactivamente. Os que xa está funcionando como vivendas turísticas non lles afecta en absoluto", di Óscar Soneira, voceiro da Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia.

Insisten en que, segundo eles, o problema da falta de vivenda en alugueiro e a suba de prezos non o causan os pisos turísticos.

"En Galicia hai medio millón de vivendas baleiras, quizais o que hai que facer é promover vivenda pública. Se o 75 % dos galegos teñen unha vivenda en propiedade quizais hai que darlle seguridade para que alugue", engade.

Non ten efectos retroactivos e só afectará a quen queira destinar a súa vivenda no futuro á actividade turística.

Porén, coa decisión do Supremo aclárase a polémica sobre as diferentes interpretacións dos distintos tribunais sobre se a lei permitía ou non vetar os pisos turísticos e avala as comunidades de veciños que cambiaran os seus estatutos para prohibir esa actividade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade