Os galegos somos os que menos deporte facemos de España
Os galegos somos os que menos deporte facemos de España
O dato tírase dun estudo realizado polo clúster de empresas deportivas
Galicia é a comunidade autónoma en que menos deporte se fai, segundo un estudo do Clúster de Industria e Benestar de Galicia. O obxectivo desta asociación é conseguir que practiquen deporte habitualmente dous millóns de galegos. Polo de agora só o fan un millón trescentos mil segundo este estudo.
Visitamos un céntrico ximnasio vigués este domingo, ten 3.000 socios, malia non obrigar á permanencia. Moitos fan deporte tal día como hoxe e fixérono ao longo das súas vidas. Na rúa a imaxe é outra cafeterías cheas e xente sentada nos bancos.
Algúns din que non fan deporte porque non lles apetece, son maiores ou teñen algunhas doenzas. Outros din que se moven por traballo o que fan os labores do campo. Máis dun comenta que non cre o estudo e que malia todo os galegos somos dos máis lonxevos de España.