Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prisión provisional para cinco detidos por asaltos a vivendas na provincia de Ourense

Prisión provisional para cinco detidos por asaltos a vivendas na provincia de Ourense

Están acusados dun delito de roubo con violencia e intimidación en casa habitada, lesións e organización criminal

Un deles é informático no concello de Xinzo, onde se practicaron rexistros

G24.gal 20/02/2025 21:12 Última actualización 20/02/2025 21:38

O xulgado de Bande decretou este xoves prisión provisional para os cinco detidos por asaltar violentamente vivendas na provincia de Ourense.

Entre os arrestados está o informático do concello de Xinzo onde a Garda Civil tamén fixo rexistros e comisou documentación.

O alcalde de Xinzo quixo enviar unha mensaxe de tranquilidade aos veciños e apelou a "deixar traballar" ás forzas da orde para esclarecer os posibles delitos.

Esta operación iniciouse hai un mes tras o asalto a un empresario da construción na súa casa de Lobios.

Os asaltantes deixárono gravemente ferido para roubarlle diñeiro.

Os investigadores cren que os arrestados formaban parte dun grupo criminal dedicado a cometer roubos en vivendas pero tamén se sospeita a súa posible relación co tráfico de drogas.

A operación continúa aberta e baixo segredo de sumario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade