Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen o suposto asasino dunha anciá en Gran Canaria

Deteñen o suposto asasino dunha anciá en Gran Canaria

O cadáver atopouno un familiar da muller na súa casa

G24.gal 20/02/2025 16:00

A Garda Civil detivo o presunto autor da morte violenta dunha muller de 87 anos na Aldea de San Nicolás, en Gran Canaria.

A vítima é a sogra do alcalde do municipio, Pedro Suárez. O cadáver atopouno un familiar da muller na súa casa.

Un equipo da Unidade Territorial da Policía Xudicial de Santa María de Guía, da Comandancia das Palmas e axentes da Garda Civil do posto da Aldea recolleu probas no domicilio da vítima no marco dunhas actuacións declaradas secretas.

Tamén tomaron declaración a varias persoas. O detido é un home con problemas de drogodependencias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade