Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os socios do Goberno, contrarios a subir o gasto en defensa

Os socios do Goberno, contrarios a subir o gasto en defensa

Pedro Sánchez reunirase este xoves con todos os partidos, salvo Vox

G24.gal 12/03/2025 14:51

Mentres en Helsinqui Pedro Sánchez prometía explicacións aos españois, en Madrid, os socialistas pedían tempo. Para Patxi López, voceiro do PSOE no Congreso, estanse "adiantando moitos debates" porque aínda non se sabe como se pode financiar un aumento en gasto de seguridade a nivel europeo.

Aínda así, este mércores o Goberno non puido evitar as preguntas da oposición na sesión de control no Congreso. Cuca Gamarra, secretaria xeral do PP, preguntoulle á ministra de Facenda "como vai comprometer o incremento de gasto militar se leva tres anos sen traer uns presupostos".  María Jesús Montero contraatacou afeándolle ao PP que, "lonxe de arrimar o ombro, coma sempre, dedícase ás loiadas".

Pero a vicepresidenta primeira tamén tivo que escoitar comentarios da esquerda. Ione Belarra, líder de Podemos asegurou que os socialistas "seguirán lambéndolle as botas aos Estados Unidos de América". Na réplica, Montero acusouna de sentirse "coa capacidade de repartir carnés de esquerda".

Podemos e os partidos independentistas de esquerdas están consensuando unha postura común que trasladarán a Pedro Sánchez este xoves e que se resume en que "xa se gasta moitísimo en defensa", como trasladou o voceiro de ERC, Gabriel Rufián, nos corredores do Congreso.

O PP tamén acudirá á Moncloa con reticencias e simplemente a escoitar, porque o executivo non lles adiantou ningunha información, din. A próxima semana, o PP vai forzar unha votación no Congreso para comprobar, antes de que Sánchez acuda ao Consello Europeo, cantos partidos apoian a suba do gasto en defensa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade