Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda valora que o Supremo ratifique a legalidade das autorizacións eólicas da Xunta

Rueda valora que o Supremo ratifique a legalidade das autorizacións eólicas da Xunta

O presidente da Xunta agarda que permita seguir desenvolvendo ao ritmo previsto os proxectos de enerxías renovables

G24.gal 25/03/2025 15:34

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, agarda que Galicia poida seguir desenvolvendo ao ritmo previsto os proxectos de enerxías renovables. Asegurouno despois de coñecerse que o Tribunal Supremo validase a forma en que o Goberno galego tramita os proxectos dos parques eólicos, revogando a sentenza do TSXG sobre o parque de Campelos, entre Coristanco e Santa Comba. 

O Supremo di que compartir infraestruturas cos parques de Bustelo e Monte Toural non obriga a facer unha avaliación ambiental conxunta, mentres se analicen ben os impactos acumulados. Tamén responde ás críticas de Adega e avala recortar os prazos de exposición pública e pedir informes durante ese tempo, porque non se limitou a participación da xente nin se incumpriu a normativa europea.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade