Publicador de contidos

Publicador de contidos

A plataforma flotante do Parrote, na Coruña, estará lista este verán

A plataforma flotante do Parrote, na Coruña, estará lista este verán

Alfonso Rueda asistiu hoxe ao inicio das obras deste novo espazo de lecer

O presidente da Xunta dixo que é imprescindible compaxinar a actividade pesqueira con iniciativas que permitan que os veciños gocen do mar

G24.gal 25/03/2025 14:28

As novas instalacións do Parrote permitirán o desenvolvemento de deportes acuáticos e terán tamén unha zona de baño seguro con dúas piscinas, unha delas aberta ao mar. Haberá ademais gradas, un espazo de descanso e unha pasarela accesible. O presidente da Xunta afirmou que "todas as cidades modernas que viven mirando ao mar teñen instalacións deste tipo".

Alfonso Rueda dixo que a plataforma flotante é o primeiro paso da nova fachada marítima da Coruña. Un proxecto que definiu como ambicioso e que, asegurou, conta co apoio da Xunta. O Goberno galego inviste case 3 millóns de euros nas obras da plataforma flotante. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos