Yolanda Díaz matiza que Sumar podería apoiar o aumento do gasto en defensa, debatendo obxectivos
Di que están en contra dos elementos puramente armamentísticos, pero que apoian, por exemplo, as misións humanitarias internacionais ou a mellora dos soldos do persoal da Armada

A vicepresidenta segunda do Goberno, Yolanda Díaz, aclara agora que Sumar si podería aceptar un aumento do gasto en defensa, sempre que antes debatan sobre os seus obxectivos.
Dixo que están en contra dos elementos puramente armamentísticos, pero que apoian, por exemplo, as misións humanitarias internacionais ou a mellora dos soldos do persoal da Armada.
Díaz matizou a posición de Sumar horas despois de emitir un comunicado no que respondía a Pedro Sánchez que o rearmamento de Europa non é un problema de palabras, senón que impugna todo o proxecto europeo do benestar.