Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lorenzana di que a sentenza do Supremo sobre os parques eólicos avala a tramitación da Xunta

Lorenzana di que a sentenza do Supremo sobre os parques eólicos avala a tramitación da Xunta

A conselleira de Industria di que a sentenza do Supremo "abre a porta a levantar a paralización por parte do TSXG de 64 parques eólicos"

G24.gal 22/03/2025 19:43

A conselleira de Economía e Emprego fixo esta mañá nunha visita ao parque eólico de Xiabre en Caldas de Reis, que ten un proxecto de ampliación paralizado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e que está pendente de resolución xudicial. Alí fixo unha valoración da sentenza do Tribunal Supremo sobre os parques eólicos. Lorenzana di que "confirma" que fora adecuada a tramitación das autorizacións dos parques eólicos por parte da Xunta.

Engadiu que a sentenza supón unha boa noticia para os parques que teñen perspectivas de crecemento suspendidas e xudicializadas. Engadiu que canta máis enerxía eólica se desenvolva máis posibilidades haberá de abaratar a factura eléctrica.  

A conselleira de Industria sinalou que a decisión do Supremo "abre a porta a levantar a paralización por parte do TSXG de 64 parques eólicos".

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade