Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno turco suspende o alcalde de Istambul pero non intervén o consistorio

O Goberno turco suspende o alcalde de Istambul pero non intervén o consistorio

Ekrem Imamoglu está en prisión preventiva investigado por catro delitos de corrupción

A detención do rexedor, futuro rival de Erdogan nas presidencias, provocou grandes protestas 

Axentes da policía turca en Istambul. REUTERS/Murad Sezer Axentes da policía turca en Istambul. REUTERS/Murad Sezer
G24.gal 23/03/2025 16:17

O Ministerio do Interior de Turquía anunciou que suspende do seu cargo o alcalde de Istambul, Ekrem Imamoglu, enviado este domingo a prisión preventiva por cargos de corrupción. Porén, non interveu a alcaldía nomeando un funcionario no seu lugar.

Nun comunicado publicado na rede X, o ministerio indica que como "medida temporal" suspende o rexedor, acusado de catro delitos no marco dunha investigación sobre corrupción pola que foi detido este mércores.

O arresto do popular alcalde, que chegou ao cargo en 2019 e renovou mandato en 2024, provocou enormes protestas en Turquía porque nas vindeiras eleccións vaise enfrontar ao actual presidente, o islamita Recep Tayyip Erdogan. O seu partido, o socialdemócrata CHP, elixiuno como candidato.

Imamoglu está acusado de rexistro ilegal de datos persoais, suborno, manipulación de licitacións e creación dunha organización delituosa, cargos que a oposición considera fabricados para apartar da política o futuro rival de Erdogan.

Interior tamén aparta temporalmente do seu cargo o alcalde do distrito de Beylikdüzü, Mehmet Murat Çalik, acusado de corrupción e de formar parte dunha organización delituosa.

O Ministerio aplica a mesma medida a Resul Emrah Sahan, alcalde do distrito de Sisli, acusado nunha causa distinta de "colaboración cunha banda terrorista", e neste caso nomea como substituto o delegado do Interior do mesmo distrito, Cevdet Ertürkmen, intervindo así a alcaldía.

Elección dun substituto

No caso de Istambul, a asemblea municipal debe elixir agora un substituto do alcalde entre os concelleiros da asemblea municipal, na que o CHP ten maioría, con 180 membros fronte aos 126 do AKP, o partido islamita de Erdogan.

Protesta de apoio o alcalde en Istambul. REUTERS/Dilara Senkaya Protesta de apoio o alcalde en Istambul. REUTERS/Dilara Senkaya

Protestas

O arresto de Imamoglu e as acusacións na súa contra provocaron desde o mércores enormes protestas en toda Turquía.

O CHP volveu convidar a manifestarse tamén esta noite, do mesmo xeito que as precedentes, ante a alcaldía de Istambul, onde xa o sábado unhas 50.000 persoas se congregaron para pedir a liberación do alcalde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade