Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os mortos en Gaza superan os 50.000 tras os últimos bombardeos israelís

Os mortos en Gaza superan os 50.000 tras os últimos bombardeos israelís

O numero de feridos ata este domingo é de 113.274 desde o 7 de outubro de 2023, informa o Ministerio de Sanidade de Gaza

Isarel está lanzando ataques contra Gaza esta fin de semana que acabaron coa vida do líder político e voceiro de Hamás, Salah al Bardauil

Israel mata a un menor e a un membro do buró de Hamas nun ataque contr o Hospital Naser, ao sur da Franxa de Gaza, na noite deste domingo

G24.gal 23/03/2025 13:41 Última actualización 23/03/2025 23:07

Un adolescente de 16 anos e un membro do buró político de Hamas morreron a noite deste domingo nun ataque israelí contra o hospital Nasser, o maior do sur da Franxa de Gaza localizado na área de Jan Yunis.

Segundo un comunicado do Ministerio de Sanidade gazatí, falando de cifras preliminares, tratouse dun "ataque directo" contra o departamento de cirurxía do Complexo Médico Nasser, no que morreu un paciente e "moitas outras persoas" -entre eles persoal médico- quedaron feridas.

Pouco despois, Sanidade confirmou achar entre os entullos o corpo dun adolescente de 16 anos que "fora operado dous días antes".

O ataque "causou un estado de pánico e a evacuación completa do departamento despois de que gran parte do mesmo fose destruído", detalla o texto de Sanidade.

Israel estivo lanzando ataques contra Gaza esta fin de semana que acabaron tamén coa vida do líder político e voceiro de Hamas, Salah al Bardauil. Polo menos outras 34 persoas foron tamén asasinadas. Desde a organización armada din que esta morte será "combustible para a batalla". O Exército israelí amplía este domingo a súa ofensiva en Gaza con medios terrestres e aéreos.

"O asasinato deste líder e doutros non asegurará a fin desta guerra, senón que aumentará o desafío dos homes de Gaza", di este imán que oficiaba as honras fúnebres.

"O asasinato deste líder e doutros non asegurará a fin desta guerra, senón que aumentará o desafío dos homes de Gaza", di este imán que oficiaba as honras fúnebres.

Xa son máis de 50.000 os mortos en Gaza, vítimas dos bombardeos israelís

Desde o inicio da ofensiva israelí en outubro de 2023, o número total de mortos na Franxa de Gaza alcanzou este domingo as 50.021 persoas, tras os últimos bombardeos israelís contra o enclave palestino, segundo informa o Ministerio de Sanidade gazatí nun comunicado.

"O número de mortos pola agresión ascendeu a 50.021 e 113.274 a de feridos desde o 7 de outubro de 2023", recolle a nota do ministerio.

Ademais, o ministerio gazatí explica na súa nota que 233 vítimas foron incluídas no seu reconto de falecidos tras completar e verificar os seus datos, un trámite que aprobou o comité xudicial "que fai seguimento de persoas desaparecidas".

Israel rompeu o cesamento do fogo na devastada franxa o pasado martes 18 de marzo e desde entón os ataques israelís cobráronse a vida de polo menos 673 persoas e deixaron a máis dun milleiro de persoas feridas.

Ademais, só nas últimas 24 horas os bombardeos das tropas israelís, concentrados sobre todo en Jan Yunis e Rafah (o sur do enclave palestino), mataron a 39 persoas e feriron a 61 delas, segundo o reconto dos poucos hospitais gazatís que seguen funcionado.

No último día, a Defensa Civil palestina tamén recuperou dous corpos de entre os entullos, a pesar de que apenas dispoñen de maquinaria pesada para realizar estas tarefas.

Atrapados en Rafah

A municipialidade de Rafah denuncia este domingo, nun comunicado, que as últimas ordes de evacuación do Exército afectan a miles de familias e que "as obrigan a recolocarse baixo intensos bombardeos, deixándoas sen fogar"

"Na Municipalidade de Rafah seguimos con gran preocupación a deterioración da situación humanitaria. Recibimos reiterados chamamentos de cidadáns atrapados nos seus fogares, no medio dos continuos bombardeos e a imposibilidade de que os equipos médicos e de defensa civil cheguen aos feridos e lesionados para evacualos e brindarlles atención médica urxente", denuncia.

Lembra tamén que a comunidade de Rafah padece "unha grave escaseza de artigos de primeira necesidade e de tendas de campaña", desde hai máis de dúas semanas polo bloqueo imposto por Israel á entrada de camións con axuda humanitaria". 

No comunicado a municipalidade de Rafah fai un chamamento comunidade internacional e a todas as organizacións humanitarias e de dereitos humanos":

"Tomen medidas urxentes e serias para deter estas violacións, abrir corredores seguros para evacuar os feridos, brindar protección aos civís atrapados".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade