Publicador de contidos

Publicador de contidos

Periga a tregua no Líbano despois dos bombardeos de Israel contra posicións de Hezbulah

Periga a tregua no Líbano despois dos bombardeos de Israel contra posicións de Hezbulah

Netanyahu acusa a milicia xiíta de lanzar previamente seis foguetes contra territorio israelí e Hezbulah négao

Israel realizou os ataques en dezaoito puntos do sur libanés e causou polo menos dous mortos 

G24.gal 22/03/2025 21:29

A tregua entre e Israel e Hezbulah está no aire tras unha serie de ataques aéreos sobre o sur de Líbano, que deixaron polo momento dúas vítimas mortais e máis de dez feridos. O primeiro ministro israelí, Benjamin Netanyahu, ordenou explicitamente que o seu Exército actúe "con forza contra decenas de obxectivos terroristas no Líbano”. 

Previamente, producírase o lanzamento de seis proxectís desde chan libanés. Ningún chegou ao seu destino e tres deles foron interceptados polas defensas antiaéreas israelís.

Hezbulah nega por activa e por pasiva calquera responsabilidade neste ataque e di que respecta o cesamento do fogo. O goberno de Netanyahu non lle deu creto a esa versión e lanzou a súa ofensiva aérea contra polo menos 18 puntos do sur libanés, o territorio xiíta onde as milicias rebeldes contan cun apoio real da poboación.

Autoridades libanesas explicaban que, malia a tregua existente desde novembro, Israel atacou con centos de drons nestes meses as posicións da milicia xiíta. Mentres, Hezbulah, que perdeu a súa cúpula o ano pasado, incluído o líder histórico Nasralá, vive un momento de fraxilidade e tenta evitar polo de agora un enfrontamento directo coas tropas hebreas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade