Faise pasar por policía local para estafar propietarios de vivendas en Moaña
Dilles que lles vai enviar os cartos de alugueiro por Bizum, pero engánaos para que as vítimas fagan a transferencia
A Policía Local advirte os veciños da estafa a través das redes sociais para evitar que piquen
Unha persoa faise pasar por un novo axente da Policía Local de Moaña e contacta con propietarios de pisos ou garaxes en alugueiro. Di que lles vai enviar os cartos mediante Bizum, pero finalmente consegue enganar a vítima para que sexa ela a que transfira o diñeiro.
"Dilles que lles vai facer o ingreso pero é o contrario. Faino por un enlace ou ben por Bizum, que permite solicitar o ingreso, e como a xente o descoñece, pican e xa está. Se o fan cun contrato de alugueiro e cun profesional, vai por transferencia bancaria cunha documentación previa e cun filtro da persoa que tes diante", explica Sandra Bubeta da Inmobiliaria Inmonovalia.
Ante a constatación de varios intentos e polo menos unha estafa consumada, a Policía Local de Moaña decidiu alertar a través das redes sociais. Piden precaución nestas xestións. A Garda Civil fíxose cargo da investigación para tratar de dar coa persoa que está detrás desta estafa.