Publicador de contidos

Publicador de contidos

Buscan granxas para desenvolver un programa de convivencia co lobo

Buscan granxas para desenvolver un programa de convivencia co lobo

É unha iniciativa pioneira que financiará a Fundación Príncipe de Mónaco e que parte do estudo de cada explotación participante para darlle unhas pautas que melloren a coexistencia coa fauna salvaxe

Os ataques ao gando en Galicia medraron un setenta e sete por cento
G24.gal 25/03/2025 20:03 Última actualización 25/03/2025 21:17

O primeiro será avaliar cada caso para darlles as pautas aos gandeiros sobre a forma máis axeitada para convivir co lobo. O programa aínda está coa selección das granxas.

Queren dar cabida a aquelas que teñan máis conflitividade. Hai onde elixir, porque desde que hai tres anos o lobo pasará a ser unha especie protexida, os ataques ao gando en Galicia medraron un setenta e sete por cento.

Avoga Joán Alibés, xerente da asesoría Beealia, por unha convivencia pacífica, "para o que existen varias ferramentas". 

A iniciativa está financiada pola Fundación Príncipe Alberto de Mónaco e o asesoramento incide en cambios no manexo dos animais. Entre outras medidas, o responsable do programa indica "o emprego de mastíns adaptados a cada tipo de gando".

Traballarán cos gandeiros durante un ano e logo divulgarán os resultados para que se poidan aplicar noutras explotacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade