Publicador de contidos

Publicador de contidos

A gripe aviaria, o aumento da demanda e os custos de produción explican a suba do prezo dos ovos

A gripe aviaria, o aumento da demanda e os custos de produción explican a suba do prezo dos ovos

Segundo a OCU o prezo dos ovos subiu un 25 % no últimos mes, e hai varios factores que segundo os produtores poden explicalo

Os avicultores galegos aseguran que esta suba duns 50 céntimos na ducia de ovos era necesaria para poderen cubrir os custos de produción, que se elevaron moito nos últimos anos

Preocupa no sector avícola tamén a crise da gripe aviaria que está a sufrir os Estados Unidos e que afecta tamén algúns países da Unión Europea, iso está a reducir a ofertas, mentres sobre a demanda e o consumo de ovos

Os avicultores pídenlles confianza aos consumidores e mandan unha mensaxe de tranquilidade
G24.gal 25/03/2025 21:08 Última actualización 25/03/2025 22:06

Que pasa cos ovos, que subiron un 25 por cento no último mes? Sabemos que a gripe aviaria nos Estados Unidos está provocando alí moitísimos problemas, mesmo de desabastecemento. Pero cal é a situación aquí? O sector avícola galego lanza unha mensaxe de tranquilidade.

Mercar ovos os de tamaño M, os máis baratos, custaba en febrerio un euro dez, e agora subiron ata os 2,60 e os 3,50 os de maior tamaño. Os produtores galegos dinnos que era unha suba necesaria que nada ten que ver coa especulación. 

"Non é especulación, aquí era necesaria esa suba", afirma Carlos Docampo Gabian, o xerente de Avícola Amoeiro

O avicultor, Carlos Docampo, que ten un centro de produción avícola en Amoeiro,  explica que a suba dos custes de produción como o cartón, o cereal, o transporte para a distribución subiu nos últimos tempos e o que estaban a facer era "cubir custes de produción", e asegura que o incremento do prezo era necesario para a supervivencia de moitas granxas avícolas galegas.

Porque por mor da falta da remuda xeracional ao haber xubilacións as granxas van pechando a súa actividade. 

A gripe aviaria que sofre Estados Unidos preocupa tamén o sector avícola polo temor de que se estenda a España e a Galicia. Porque a gripe aviaria afecta xa a países europeos como Italia ou Francia

Unha situación que está a reducir a oferta de ovos mentres sobe a demanda e tamén o consumo. E segundo a OCU os prezos encareceron un 25 % nun mes, unha ducia son agora uns 50 céntimos máis. E os consumidores xa notaron esta suba. 

Os avicultores pídenlles confianza aos consumidores e mandan unha mensaxe de tranquilidade

"Poden estar tranquilos, que non imos ter ese disparate de prezos dos Estados Unidos. Aquí con total tranquilidade imos estar abastecidos", di o xerente de Avícola Amoeiro. 

O ovo é un dos produtos básicos na cesta da compra e tamén da nosa gastronomía, cun alto valor culinario e unha importante fonte de proteína de calidade, e aínda moito máis barata que a carne. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade