A FAO recomenda extremar a vixilancia para previr contaxios de gripe aviaria ao gando vacún de leite
A FAO recomenda extremar a vixilancia para previr contaxios de gripe aviaria ao gando vacún de leite
A FAO recomenda extremar a vixilancia para previr contaxios de gripe aviaria ao gando vacún de leite
Polo momento non hai constancia de casos positivos nas granxas europeas
A organización da ONU para a alimentación e a agricultura, a FAO, emitiu un informe en que recomenda extremar a vixilancia para evitar os contaxios da gripe aviar ao gando vacún de leite.
Trátase de detectar canto antes a presenza do virus, e previr a súa transmisión, ante os máis de 200 casos confirmados nos Estados Unidos. Con positivos tamén entre os traballadores das granxas, mesmo se rexistrou unha morte.
Gonzalo Fernández, decano de Veterinaria e especialista en enfermidades infecciosas: "O perigo é que, se circula moito en grandes poboacións de animais e en persoas, poida facerse unha recombinación vírica, coma co coronavirus".
Por agora non hai constancia en Europa de contaxios ao gando vacún, que podería transmitir o patóxeno a outras especies a través do leite cru. Doutra banda, o tratamento que se lle dá a este produto para esterilizalo elimina os riscos, xa que o virus se volve inactivo a partir dos 70 graos.
Antonio Vázquez, gandeiro: "No leite que se somete a procesos industriais, coma a pasteurización, os patóxenos elimínanse, chegado o caso".
Segundo o informe da FAO, o gando contaxiado presenta, entre outros síntomas, a redución da produción leiteira, cun leite máis espeso.