Un mastín mata un lobo que pretendía atacar o gando nunha granxa de Alborés
Un mastín mata un lobo que pretendía atacar o gando nunha granxa de Alborés
Iván París, o dono do animal, comenta que o día do enfrontamento, á noite, o can "parecía cansado", e nun primeiro momento pensaron que "podía ter febre, pero non". Xa que despois París viu o lobo e deuse de conta de que Rex tiña "un corte no fociño"
Detrás da súa aparencia de can dócil e manso, aínda que desconfiado, Rex, o can dunha granxa de Alborés, agocha un carácter gardián férreo e un grande instinto protector.
Demostrouno hai uns días cando un lobo asexaba a corte onde as vacas durmían de madrugada. Enfrontouse a el e gañoulle a batalla por K.O.
Iván París, o dono do animal, comenta que o día do enfrontamento, á noite, o can "parecía cansado", e nun primeiro momento pensaron que "podía ter febre, pero non", xa que despois París viu o lobo e deuse de conta de que Rex tiña "un corte no fociño".
Ao cabo de dúas horas da pelexa entre os dous animais, Rex "estaba coma sempre", relata o seu dono.
Aínda que recoñeceu que descoñece como foi a pelexa: "A verdade é que non se sabe, porque nos cando o vimos xa estaba morto, chegamos á explotación estaba alí tirado, na cuneta en fronte, a catro metros escasos", explicou, da zona onde se atopaba o gando. A batalla deixou restos de terra remexida pola zona.
Este mastín de 5 anos converteuse nun heroe para esta familia de gandeiros de Alborés, en Mazaricos. Evitou o que puido ser unha traxedia, xa que non é a primeira vez que sofren estes ataques.
Mais Rex non está só. Ten compañeiro de traballo, que tamén é o seu discípulo. Chámase Mastín, ten dous anos e os seus donos agardan que aprenda o oficio e o instinto do seu titor, pero aínda e moi novo".
Mestres tanto, Rex e Mastín seguen coidando xuntos dos seus cada día, alleos a súa fama