Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece un condutor de 86 anos nun accidente entre dos vehículos en Mazaricos

Falece un condutor de 86 anos nun accidente entre dos vehículos en Mazaricos

Os servizos de emerxencias tiveron que liberar o falecido, que conducía un turismo sen levar o cinto de seguridade

TVG
G24.gal 25/11/2024 12:29 Última actualización 25/11/2024 13:00

Segundo informa o 112 Galicia, unha persoa faleceu ás 11:20 horas deste luns tras un accidente entre dous vehículos que se rexistrou en Mazaricos.

O sinistro tivo lugar a AC-441, na parroquia de San Cosme de Antes. 

Segundo fontes da Garda Civil, unha furgoneta e un turismo colidiron frontolateralmente. En cadanseu vehículo viaxaba un único ocupante.

O condutor da furgoneta resultou ileso, pero morreu o do turismo, un veciño de Antes de 86 anos que non levaba posto o cinto de seguridade

Os Bombeiros de Xallas tiveron que liberar o falecido. Pola súa banda, o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizou ata o lugar do sinistro o helicóptero medicalizado con base en Santiago e a unha ambulancia de soporte vital básico cun equipo de Atención Primaria.

Xa no punto, os servizos sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home de 86 anos. Ademais, outro home, de 71 anos de idade, foi atendido e dado de alta sen necesidade de ser trasladado.

Ata o lugar tamén se desprazaron efectivos do GES de Noia e de Protección Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar