Educar dende a infancia, chave contra a violencia machista
Educar dende a infancia, chave contra a violencia machista
Os alumnos do colexio Cardeal Quiroga Palacios colocaron zapatos vermellos por toda a praza acompañados por cartolinas con distintas mensaxes en favor da igualdade e contra a violencia contra as mulleres
Con actos coma este os nenos aprenden a recoñecer e combater dende a infancia o machismo e a violencia contra as mulleres
Centos de zapatos vermellos cubriron esta mañá a praza José Ángel Valente de Santiago de Compostela. Forman parte dunha exposición realizada polos alumnos do colexio Cardeal Quiroga Palacios para recordar as vítimas da violencia machista no Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
Os alumnos foron colocando os zapatos vermellos por toda a praza acompañados por cartolinas con distintas mensaxes en favor da igualdade e contra a violencia contra as mulleres. Todas cun mesmo obxectivo; erradicar a violencia machista da nosa sociedade.
Os expertos coinciden en que a educación é a clave para acabar coa violencia machista.
A directora do CEIP Cardeal Quiroga Palacios, Olga Raíces, di que queren concienciar os nenos de que a violencia contra as mulleres ten que rematar e que a igualdade e o respecto entre homes e mulleres son fundamentais.
Con actos coma este os nenos aprenden a recoñecer e combater dende a infancia o machismo e a violencia contra as mulleres.