Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta asume "o compromiso de acabar con calquera tipo de violencia contra as mulleres"

A Xunta asume "o compromiso de acabar con calquera tipo de violencia contra as mulleres"

Fabiola García: "A prevención é fundamental, pero sobre todo hai que traballar na igualdade todos os días do ano"

O BNG presenta 25 medidas para incrementar os recursos contra a violencia machista e o PSdeG asuma a súa responsabilidade e "pase do papel á acción"

Alfonso Rueda e Fabiola García, conselleira de Política Social e Igualdade (EFE/Lavandeira jr) Alfonso Rueda e Fabiola García, conselleira de Política Social e Igualdade (EFE/Lavandeira jr)
G24.gal 25/11/2024 10:35 Última actualización 25/11/2024 15:12

O Consello da Xunta aprobou este luns unha Declaración institucional polo Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller para "amosar o firme rexeitamento, en nome de todo o pobo galego, da violencia machista", dixo Alfonso Rueda, quen asumiu "o compromiso de acabar algún día, oxalá, con calquera tipo de violencia contra as mulleres".

Noutro acto institucional, organizado polo Goberno español, o presidente Pedro Sánchez instou os partidos a actualizar o Pacto de Estado contra a violencia de xénero e dixo que hai que dedicar máis recursos.

Pedro Sánchez asegurou que "é evidente que temos que poñer máis recursos sobre a mesa, en prevención e tamén en protección, mellorando a rapidez e o alcance de medios útiles como, por exemplo, o sistema VioGén".

Panos tecidos con nomes das mulleres asasinadas este ano en España serviron para escenificar o acto institucional do Goberno en Galicia.

O delegado, Pedro Blanco, chamou a intensificar a concienciación da sociedade na loita contra a violencia de xénero.

O BNG propón 25 medidas para aumentar os recursos públicos destinados a loitar contra a violencia de xénero

A deputada Noa Presas insistiu na necesidade de darlle a relevancia que merece ao 25N para que “que esta data non sexa ritual e instalada na rutina e os discursos baleiros”.

A voceira nacional da formación nacionalista, Ana Pontón, debullou as medidas propostas pola súa formación e pediu á Xunta e ao Goberno sensibilidade para atender estas peticións dado que o “terrorismo machista non se vai combater con minutos de silencio nin lazos lilas”.

Para os socialistas galegos chegaría con que a Xunta utilizase toda a lexislación que xa existe e que atenda a reivindicación social e “pase do papel á acción” contra a violencia de xénero para combater o “terrorismo machista, que é unha sorte de fascismo misóxino” que supón o “exercicio de poder extremo dun ser humano sobre outro ata a súa morte”.

A portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, Paloma Castro, pediu á Xunta que exerza a cobertura legal da que dispón e comece por cumprir os plans executivos que “non están a cumprir”.

Ademais, Castro tamén cargou contra a “irresponsabilidade absoluta” que, ao seu xuízo, mostran os responsables da Xunta e do PP ao cuestionar o sistema VioGén porque, desta forma, poñen “en risco a seguridade das vítimas”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade