Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Semana Gandeira de Mazaricos leva escolares a unha granxa ecolóxica

A Semana Gandeira de Mazaricos leva escolares a unha granxa ecolóxica

Nenos de entre seis e nove anos experimentan en primeira persoa como é o día a día na granxa ecolóxica Casa Grande de Xanceda

G24.gal 27/11/2024 13:39

En Mazaricos están en plena Semana Gandeira, un evento que pretende visibilizar a importancia do sector lácteo, principal actividade económica do concello. Unha semana chea de actividades en que os nenos tamén tiveron presenza. Visitaron en Mesía a granxa ecolóxica Casa Grande de Xanceda.

Sara Torreiro, responsable de Márketing e Comunicación da Casa Grande de Xanceda di que "son dun concello gandeiro, que probablemente moito deles queden cos ganderías dos pais e, polo tanto esperamos ser inspiradores deste modelo que para nós é o modelo do futuro que é a gandería en ecolóxico".

Durante a visita os nenos viron coellos, galiñas, porcos, vacas, déronlle de comer aos becerros e aprenderon como é o proceso da produción do leite desde o comezo á fin.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade