Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece a muller de Cerdedo-Cotobade vítima dunha malleira por parte do seu fillo

Falece a muller de Cerdedo-Cotobade vítima dunha malleira por parte do seu fillo

Levaba ingresada en estado crítico desde o pasado 4 de xaneiro

O agresor foi o seu fillo, un home de 46 anos que continúa ingresado na área de Psiquiatría do Complexo Hospitalario de Pontevedra

A vivenda, en Cerdedo-Cotobade A vivenda, en Cerdedo-Cotobade
G24.gal 16/01/2025 20:19

A muler, de 79 anos e veciña de Cerdedo-Cotobade, faleceu este xoves no Hospital Álvaro Cunqueiro. Levaba ingresada no complexo desde o pasado 4 de xaneiro, dous días despois da malleira. Atopábase en estado crítico desde entón e finou finalmente por consecuencias derivadas do brutal ataque, como fracturas no cranio e na zona costal, e tras estar en coma inducido desde case o momento do seu ingreso.

O agresor foi o seu fillo, un home de 46 anos. Está ingresado na área de Psiquiatría do Complexo Hospitalario de Pontevedra desde o día do altercado. Os feitos tiveron lugar na vivenda da vítima, onde fora atopada inconsciente no chan por unha das súas veciñas.

Tras o ataque, o home abandonou a casa e, despois de percorrer as inmediacións, regresou ao domicilio familiar, onde xa estaban os servizos médicos, axentes da Garda Civil e un grupo de veciños da zona.

Unha vez de volta, finxiu non saber nada e preguntou ás persoas que estaban alí que pasara, pero os veciños alertaron a Garda Civil ao sospeitar que fora el o autor da malleira á anciá.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade