Publicador de contidos

Publicador de contidos

O ferido de bala en Lugo disparouse por accidente e foi detido por finxir un tiroteo e ter armas

O ferido de bala en Lugo disparouse por accidente e foi detido por finxir un tiroteo e ter armas

O home foi detido por tenza ilícita e simulación de delito

Os feitos aconteceron na noite do venres no barrio de Feijoo

G24.gal 25/03/2025 10:28

O home que resultou ferido a pasada fin de semana no barrio de Feijoo en Lugo foi detido pola Policía Nacional como presunto autor dun delito de tenencia ilícita de armas e outro de simulación de delito.

As pescudas policiais permitiron constatar que a lesión que sufriu a produciu el mesmo, ao dispararse accidentalmente cando manipulaba unha arma modificada.

Os feitos ocorreron na noite do pasado venres, cando os veciños da zona alertaron de que se produciu un tiroteo e había unha persoa ferida na rúa Río Avia.

Ao chegaren á zona, os axentes policiais atoparon un home sangrando por unha perna, e tiveron que facerlle un torniquete para deter a hemorraxia. O home relatou aos axentes que fora asaltado por dúas persoas, que lle dispararon con arma de fogo.

Inicialmente detívose un home, veciño do home ferido, como presunto autor dos feitos, pero este quedou libre ao constatarse que, en realidade, o lesionado se disparou a si mesmo.

Os axentes localizaron no seu domicilio ata 8 armas para as que non tiña licenza

Así, as pescudas realizadas por Policía Xudicial e Policía Científica permitiron descubrir que non se produciu tal ataque, senón que o home resultara ferido por un disparo accidental que el mesmo realizara.

Ante a situación, este luns levou a cabo unha entrada e rexistro no domicilio do ferido, que permanece hospitalizado no HULA, e localizáronse ata 8 armas para as que non tiña licenza.

Este martes, ao cumprirse 72 horas desde o arresto, quedou libre sen pasar a disposición xudicial, aínda que está investigado por un delito de tenencia ilícita de armas e, eventualmente, depósito de munición e simulación de delito, segundo confirmaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade