Publicador de contidos

Publicador de contidos

O sindicato SUP presentarase na causa pola agresión a tres axentes en Pontevedra

O sindicato SUP presentarase na causa pola agresión a tres axentes en Pontevedra

O Sindicato Unificado de Policía defende a intervención na liorta de Pontevedra

Piden máis penas para este tipo de delitos e demandan ser profesión de risco 
 

0 seconds of 0 secondsVolume 50%
Press shift question mark to access a list of keyboard shortcuts
Keyboard Shortcuts
Play/PauseSPACE
Increase Volume
Decrease Volume
Seek Forward
Seek Backward
Captions On/Offc
Fullscreen/Exit Fullscreenf
Mute/Unmutem
Seek %0-9
00:00
00:00
00:00
00:00
 
G24.gal 25/03/2025 14:01

O Sindicato Unificado de Policía apoia sen fisuras a actuación policial en que tres axentes quedaron feridos mentres tentaban poñer fin a unha liorta en Pontevedra.

"Calquera que vexa as imaxes do vídeo que circula polas redes sociais pode entender como unha intervención que parece tranquila, ante o cambio de actitude dun dos implicados,  pode converterse nunha situación de moito risco para os axentes na que incluso poderían perder a vida".  Así o explica María Pilar Martínez, voceira do SUP Pontevedra. 

Dende o sindicato lamentan que os tres detidos polo atentado á autoridade quedaran en liberdade ás poucas horas dos feitos. Pensan que o principio de autoridade está cada vez máis minguado e non entenden como quedaron en liberdade cando os feridos aínda se recuperaban das súas feridas no hospital.

Demandan o aumento das penas por agresións a axentes de autoridade e a declaración de profesional de risco para a Policía Nacional. En Pontevedra os índices de criminalidade incrementáronse nun 91 % en 2024, con respecto o ano anterior. O Sindicato SUP xa anunciou a súa intención de presentarse nesta causa para impulsar a acción da xustiza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos