Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres policías feridos nunha pelexa en Pontevedra

Tres policías feridos nunha pelexa en Pontevedra

Un dos detidos estaba fóra de si e golpeou primeiro os axentes e despois, o coche policial

Os tres detidos quedaron en liberdade con cargos por atentado e ameazas

G24.gal 24/03/2025 14:17

Rebentou a porta co coche policial. O primeiro detido estaba fóra de si. Revolveuse antes contra os axentes e despois descargou a carraxe contra o seu coche, segundo explican as testemuñas.

"Era un rapaz que estaba fóra de si, non estaba moi alá, e despois creo que rompeu a porta do coche porque se escoitaban ruídos e patadas".

"Rompeu a ventá do coche a golpes, a un dos policías agredírono moito porque estaba sentado nun portal e veu a ambulancia a buscalo".

Pelexa brutal co resultado de tres policías feridos, tres persoas detidas e dúas máis identificadas. A policía acudiu á rúa Loureiro Crespo para calmar os ánimos entre un grupo que estaba pelexando pero nada máis lonxe da realidade.

"Xente berrando, tirada, un policía ferido, ... moito coche de policía, moita lea e moitos berros".

"Houbo unha movida impresionante entre xente do barrio de varios grupos e despois veu a policía. Houbo coches de policía, rúa cortada, unha desfeita terrible", engaden veciños da zona.

Houbo berros, patadas, golpes, e contan os veciños que un policía chegou a apuntar un dos implicados, e sorte diso. 

"Había unha muller policía que tamén cobrou e a que berraba coma unha tola era unha muller que lle levaban o marido, o mozo ou a parella detida".

"Houbo bastante lea e a xente está bastante alarmada", explican.

Na rúa Loureiro Crespo están acostumados a que a policía visite este edificio, pero esta vez a cousa desmandouse de tal xeito que foron os propios veciños os que pediron reforzos para defender os axentes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade