Publicador de contidos
Publicador de contidos

Decenas de persoas morren nun novo ataque israelí no norte de Gaza

Decenas de persoas morren nun novo ataque israelí no norte de Gaza

O Exército hebreo bombardeou un edificio residencial con 70 persoas refuxiadas en Beit Lahia

Ataque israelí contra unha escola na cidade de Gaza esta semana. REUTERS/Mahmoud Issa Ataque israelí contra unha escola na cidade de Gaza esta semana. REUTERS/Mahmoud Issa
G24.gal 17/11/2024 08:27 Última actualización 17/11/2024 10:42

Decenas de persoas morreron esta madrugada tras o ataque aéreo israelí contra un edificio residencial de cinco andares na asediada urbe de Beit Lahia, no norte de Gaza. Segundo informa a axencia de novas palestina Wafa, albergaba 70 persoas desprazadas.

Os informes iniciais suxiren que o ataque aéreo, realizado por avións de combate, derrubou o inmoble causando "un número significativo de vítimas entre civís inocentes, incluídos menores e mulleres".

O número preciso de vítimas aínda se descoñece, xa que os equipos de rescate son incapaces de chegar á zona do ataque debido á gran destrución e aos continuos bombardeos.

A principios do mes de outubro as tropas hebreas retomaron a súa ofensiva, por terceira vez, no norte da Franxa dando lugar a un cerco militar e a continuos bombardeos co obxectivo, segundo fontes castrenses, de evitar que Hamas se reagrupe nesa zona.

Desde entón, uns 2.000 palestinos morreron -segundo cifras locais- e os tres principais hospitais da zona, que tamén foron atacados por Israel (o Kamal Adwan, o Indonesio e o Al Awda) funcionan parcialmente.

Gran fame

A iso súmase a virtualmente nula axuda humanitaria que entrou ao norte de Gaza en outubro e que podería derivar nunha gran fame "inminente", segundo alertaron nestes últimos días diferentes organismos internacionais, entre eles a ONU.

A continua agresión xudía contra Gaza desde outubro de 2023 provocou xa máis de 43.800 mortes documentadas -preto das 70 % mulleres e menores- e máis de 103.600 persoas feridas, aínda que son cifras conservadoras xa que miles de vítimas seguen baixo os entullos.

Os ataques hebreos continúan, malia os chamamentos do Consello de Seguridade das Nacións Unidas a un cesamento do fogo inmediato e das directivas da Corte Internacional de Xustiza, para que se tomen medidas para frear o xenocidio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade