Un frade morto e tres feridos no ataque dun perturbado nun convento de Valencia
Un frade morto e tres feridos no ataque dun perturbado nun convento de Valencia
O home emprendeuna a paus contra os freires que estaban no mosteiro de Gilet, dicindo que actuaba "no nome de Deus"
A Garda Civil busca o presunto asasino, que golpeou as vítimas"con asañamento e aleivosía"
Un home de mediana idade entrou de xeito violento con berros no convento valenciano de Gilet autoproclamándose Xesucristo e golpeou catro relixiosos.
Como consecuencia do ataque faleceu un dos relixiosos e outros tres feríronse. Estaban no mosteiro do Santo Espírito do Monte, en Gilet, en Valencia. Axentes da Garda Civil tratan de localizar ao agresor.
O ataque produciuse contra as 9:30 horas deste sábado. O grupo de freires que residen no mosteiro, un total de sete relixiosos, remataran o almorzo e descansaban cada un no seu cuarto.
Un home de mediana idade logrou entrar nas instalacións cun pau. Percorreu os corredores dicindo que actuaba "no nome de Deus" e logrou entrar a catro cuartos, mallando a paus a cada un dos frades de avanzada idade cos que se atopaba. Finalmente cruzouse cun dos freires de maior envergadura e fuxiu cara á montaña.
O que logrou que saíra o agresor foi o que chamou ao 112, que activou a Policía Local de Gilet, a Garda Civil e varias ambulancias para atender os agredidos.
O Centro de Información e Coordinación de Urxencias informou de que o aviso se recibiu ás 10 horas e que se asistiu a un home de 76 anos por traumatismo cranioencefálico, que foi trasladado ao Clínico e que, segundo o Arcebispado, faleceu. Atenderon outros tres homes de 57, 66 e 95 anos con contusións e traumatismos.