Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aragón di que non "darán un paso atrás" na lei de concordia

Aragón di que non "darán un paso atrás" na lei de concordia

Sánchez leva á ONU e a Bruxelas a súa ofensiva contra as leis de concordia dos gobernosdo PP e Vox

O presidente da Generalitat Valenciana acusa o Goberno de querer "tapar os seus problemas" con recursos ás leis de concordia 

Sánchez recolle á Memoria como arma electoral contra a oposición
G24.gal 05/04/2024 14:14

O PSOE recorre á Memoria como arma electoral contra a oposición. E levará á ONU e a Bruxelas a súa ofensiva contra as leis de concordia de gobernos autonómicos do PP e Vox.  Unha delas será a xa aprobada de Aragón. O vicepresidente, Alejandro Nolasco, de Vox, tira de ironía e recoméndalle a Pedro Sanchez que as leve tamén á "Axencia Espacial Internacional", pero advirte de que "non daremos un paso atrás". 

A estratexia colleu máis forza trala imaxe do presidente Sánchez visitando o Val de Cuelgamuros nada máis aterrar da súa xira por países árabes. Sánchez puido comprobar como van os traballos para identificar 160 vítimas do franquismo reclamadas polas súas familias. Pero estas familias non o puideron facer. E as críticas non tardaron en chegar á Moncloa. O Goberno finalmente cedeu e decidiu convidalos a supervisar o proceso. 

Feijóo apoia as autonomías do PP que prevén a modificar estas leis. É o caso de  Castela e León ou Valencia. E tira de hemeroteca para lembrar que non é a primeira vez que o presidente utiliza esta estratexia.  O líder do PP lembra que el mesmo se comprometeu a derrogar a Lei de memoria democrática aprobada cos votos, entre outros, de Bildu. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade