Un terzo dos alimentos que se producen no mundo acaban no lixo
Un terzo dos alimentos que se producen no mundo acaban no lixo
A Organización das Nacións Unidas fai un chamamento a practicar un consumo máis responsable
Mentres 300.000 millóns de toneladas de alimentos acaban nos vertedoiros de todo o mundo, segundo a Organización Mundial da Saúde máis de 730 millóns de persoas pasan fame.
Para pór en valor a necesidade crucial de reducir o desperdicio de alimentos, o 29 de setembro celébrase o Día Internacional da Concienciación sobre a Perda de Alimentos.
Un terzo dos alimentos que se producen no mundo acaban no lixo. E aínda que empeza a haber modelos de éxito na redución da comida sobrante, dende a Organización das Nacións Unidas lembran que as prácticas de consumo máis responsables son posibles.
Que os alimentos acaben no lixo ten un impacto económico global ao que hai que sumar o punto de vista ético, a fartura e o desaproveitamento do primeiro mundo fronte á fame nas nacións menos desenvolvidas.
No mundo, ao ano, pérdense, deixan de comerse 300.000 millóns de toneladas de alimentos que serven.