Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha inmensa maioría de estados pide a integración plena de Palestina na ONU

Unha inmensa maioría de estados pide a integración plena de Palestina na ONU

Votaron a favor 143 dos 193 estados membros das Nacións Unidas

Israel di que "é un premio aos terroristas de Hamas"

G24.gal 10/05/2024 17:44 Última actualización 10/05/2024 20:00

Unha inmensa maioría de 143 estados, dos 193 membros da ONU, volveu pedir este venres na Asemblea Xeral reconsiderar a integración de Palestina como Estado de pleno dereito, unha decisión que compete ao Consello de Seguridade.

nove países votaron en contra, e 25 abstivéronse, nesta resolución que foi copatrocinada por España, Irlanda, Noruega e Bélxica, xunto a máis de setenta países.

A resolución aprobada pola Asemblea concede ademais a Palestina novas competencias que superan o seu status actual de "Estado observador non membro" e que definen a súa participación na Asemblea Xeral, pero especifica que non contará con dereito a voto nin poderá presentarse candidata aos organismos de Nacións Unidas.

Reacción de Israel

O ministro de Exteriores israelí, Israel Katz, cualificou este venres como "absurda decisión" a votación na Asemblea Xeral da ONU a favor da integración plena de Palestina en Nacións Unidas, que considerou "un premio para os terroristas de Hamás".

"A decisión de mellorar o status dos palestinos na ONU é un premio para os terroristas de Hamás tras cometer o maior masacre de xudeus desde o Holocausto e perpetrar os crimes sexuais máis atroces que o mundo vise", afirmou o ministro.

Katz considerou que a medida "demostra o rumbo estrutural da ONU" e que, baixo o liderado do Secretario xeral, Antonio Guterres, "converteuse nunha institución irrelevante".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade