Publicador de contidos
Publicador de contidos

Biden pídelle a Israel que non ataque a misión das Nacións Unidas no Líbano

Biden pídelle a Israel que non ataque a misión das Nacións Unidas no Líbano

A Forza Provisional da ONU sufriu catro ataques atribuídos ás tropas hebreas nos que quedaron feridos catro cascos azuis

Biden este venres na Casa Branca. REUTERS/Nathan Howard Biden este venres na Casa Branca. REUTERS/Nathan Howard
G24.gal 12/10/2024 08:43 Última actualización 12/10/2024 09:47

O presidente dos Estados Unidos, Joe Biden, pediulle a Israel que non ataque a misión da ONU (Finul) no sur do Líbano, despois de que os bombardeos xudeus feriran catro cascos azuis nos últimos dous días.

Biden asegurouno nun evento no que deu unha actualización sobre a resposta do Goberno federal aos furacáns Milton e Helene. Unha xornalista preguntoulle se lle trasladara esa petición ao Goberno de Netanyahu e contestou: "Absolutamente, positivamente".

Un ataque o pasado xoves, atribuído ao Exército hebreo, deixou feridos de carácter leve dous soldados indonesios. Derrubaron unha torre de vixilancia do cuartel xeral da Forza Provisional das Nacións Unidas para o Líbano (Finul) en Naqoura, no sur do país.

Este venres, outros dous cascos azuis srilankeses resultaron feridos noutro ataque atribuído ás tropas israelís contra unha torre do Finul, o cuarto que se produce.

A Finul é unha misión de mantemento da paz no sur do Líbano que o Consello de Seguridade da ONU estableceu no 1978.

En virtude do seu mandato, deben supervisar o cesamento das hostilidades e axudar a garantir o acceso da axuda humanitaria á poboación civil e o retorno das persoas desprazadas tras a guerra de 2006 entre Israel e O Líbano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade