Publicador de contidos
Publicador de contidos

Gaza recibe unha primeira axuda escasa mentres Israel intensifica a presión

Gaza recibe unha primeira axuda escasa mentres Israel intensifica a presión

Chega á Franxa o primeiro convoi de vinte camións polo paso de Rafah despois de 14 días de bloqueo total

A situación é límite para 1,4 millóns de persoas desprazadas e as que están feridas nos hospitais

Descarga de axuda humanitaria en Gaza
G24.gal 21/10/2023 08:54 Última actualización 21/10/2023 22:14

O número de vítimas mortais polos ataques israelís en Gaza segue subindo por centos coa última actualización do Ministerio de Sanidade palestino.

Desde o 7 de outubro hai polo menos 4.469 persoas falecidas a consecuencia dos bombardeos e, segundo especifican, máis do 70 % son menores, mulleres e anciáns. Ademais, a cifra de feridos chega aos 14.000.

Mentres, Israel confirma que intensifica os plans e as manobras para a ofensiva terrestre e segue insistíndolle á cidadanía en que se desprace cara ao sur da Faixa.  

Precisamente ao sur foi a onde chegou a axuda humanitaria do primeiro convoi de vinte camións que entrou este sábado polo paso de Rafah despois de 14 días de bloqueo total. 

Axuda insuficiente

A ONU insiste en que se precisan uns 100 camións por día para satisfacer as necesidades na Faixa, que van a máis cada hora que pasa.

Nunha entrevista realizada despois da entrada do convoi, a Coordinadora Humanitaria da ONU explicaba que é preciso garantir unha entrada segura tamén de combustible.

"Trátase de facer chegar subministración básica: alimentos, auga, medicinas pero tamén combustible. O combustible é fundamental para cousas como o funcionamento dun hospital, plantas desalinizadoras e para a entrega da axuda. Os nosos camións non se poderán mover se non temos combustible. Entón, aínda que as Nacións Unidas sabemos que o combustible se considera un elemento de alto risco, debemos atopar a maneira segura de conseguilo", asegura Lynn Hastings, Coordinadora Humanitaria e Residente da ONU para o Territorio Palestino Ocupado.

Os Estados Unidos atribuíronse o éxito desta entrega de axuda grazas ao traballo diplomático con Israel e ao apoio de Exipto, e insistiron en que se debe manter aberto o paso fronteirizo.

Agardando ante o portón de sete metros de ancho hai máis de 500 camións e un operativo de axuda humanitaria que non deixa de preparar lotes de fornecemento médico e de recursos básicos.

A situación é límite para 1.400.000 persoas que tiveron xa que deixar as súas casas, e para aquelas que non puideron facelo por estaren feridas en hospitais ou non teren maneira de escapar. 

Edificios destruídos en Gaza polas bombas Edificios destruídos en Gaza polas bombas
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade