Os países árabes, a ONU e boa parte da comunidade internacional rexeitan a proposta de Trump para Gaza
Os países árabes, a ONU e boa parte da comunidade internacional rexeitan a proposta de Trump para Gaza
Trump asegura que os Estados Unidos van tomar o control da Franxa de Gaza e deportar os gazatís
A ONU lembra que o dereito internacional prohibe todo traslado forzoso de poboación
Agás en Israel, a crítica ou o silencio son as únicas reaccions que recibiu ata agora a sorprendente proposta do presidente Trump para Gaza: que os Estados Unidos tomen o control da Franxa para reconstruiíla e facer dela a Riviera de Oriente Próximo. O presidente propón reasentar os gazatís de xeito permanente nos estados veciños.
O rei Abdalá de Xordania xa respondeu que rexeita calquera intento de desprazar os palestinos. Díxollo en persoa ao líder da Autoridade Nacional Palestina, Mahmud Abbas, que lembrou que Gaza é parte integral do Estado palestino. "Estamos contra calquera ocupación, israelí ou estadounidense, da nosa terra", afirmaba o seu voceiro.
Arabia Saudita advirte que esa decisión impediría establecer relacións diplomáticas con Israel, grande obxectivo de Washington para a rexión. Hamas cre que Trump demostra a súa confusión e profunda ignorancia sobre a rexión. E a ONU lembrou que o dereito internacional prohibe toda deportación ou transferencia forzada de persoas.
O Goberno español tamén foi claro. José Manuel Albares, ministro de Asuntos Exteriores, dixo que "os gazatís palestinos deben seguir en Gaza. Gaza é parte do futuro Estado palestino polo que España aposta".
Unha mesma idea que hoxe reiteraron os gobernos da China, Rusia, o Reino Unido, Australia ou o presidente brasileiro.