Publicador de contidos
Publicador de contidos

A executiva do PSdeG proporá celebrar o seu XV congreso os días 8 e 9 de marzo en Compostela

A executiva do PSdeG proporá celebrar o seu XV congreso os días 8 e 9 de marzo en Compostela

A proposta terá que ser aprobada o vindeiro sábado, día 21 de decembro, polo Comité Nacional

Gonzalo Caballero: "Hai moitos militantes que me están pedindo que dea un paso adiante"

Julio Torrado, voceiro da executiva do PSdeG
G24.gal 16/12/2024 19:22

A executiva do PSdeG propoñerá celebrar o XV Congreso Nacional, máximo órgano de decisión do partido, os días 8 e 9 de marzo na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

A data coincide coa celebración do Día Internacional da Muller.

Avanzouno este luns en conferencia de prensa o voceiro da executiva dos socialistas galegos. Julio Torrado detallou que a proposta terá que ser aprobada o vindeiro sábado, día 21 de decembro, polo Comité Nacional, máximo órgano de decisión entre congresos.

O XV Congreso Ordinario do PSdeG incluirá a celebración de primarias, que empezarán a desenvolverse a partir da parada do Nadal.

"Será o congreso da igualdade porque cremos que é o momento de falar dos problemas da desigualdade que existen en Galicia", destacou o voceiro da executiva socialista.

Torrado referiuse á desigualdade no acceso aos dereitos, á desigualdade de oportunidades e á desigualdade entre homes e mulleres.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade