Publicador de contidos
Publicador de contidos

O deputado do PSdeG Martín Seco recibe o expediente disciplinario

O deputado do PSdeG Martín Seco recibe o expediente disciplinario

O partido acúsao de falta moi grave polas súas palabras nun debate no Parlamento galego

Seco sostén que a súa conduta foi intachable

Martín Seco (á esquerda da imaxe) nun acto con Gonzalo Caballero Martín Seco (á esquerda da imaxe) nun acto con Gonzalo Caballero
G24.gal 18/11/2022 19:45

O deputado do PSdeG Martín Seco recibiu esta tarde un documento de iniciación de expediente disciplinario.

Nel solicítase a súa suspensión de militancia e a expulsión do grupo parlamentario socialista.

A dirección do PSdeG xustifica este expediente por un discurso de Seco no Parlamento galego manifestando as súas discrepancias coa dirección do partido. O partido considera que incumpriu o código de conduta interna da organización e constitúe unha falta moi grave.

Seco di que durante o debate da Lei de Áreas Empresariais da Xunta foi crítico “coa política industrial e empresarial do PP de Galicia. “Á vez, antes do pleno no que se produciu a aprobación desa lei, indicóusenos que deberiamos votar a favor por indicación da dirección do partido e así o fixemos, para non ser acusados de "poñer paus nas rodas" ao desenvolvemento económico de Galicia”, de forma que todos os parlamentarios votaron a favor do texto “seguindo as directrices da dirección do partido”.

Polo tanto, remarca que o seu “comportamento foi adecuado e intachable, votando o que indicou a dirección do PSdeG” e actuando con “lealdade e en liña co mandato da dirección do PSdeG”.

Pero o partido asegura que esta foi a gota que encheu o vaso nunha "actitude desleal" que comezou xa no propio congreso no que Valentín González Formoso substituíu a Gonzalo Caballero á fronte da dirección do PSdeG.

Acusan ademais a Seco de cuestionar decisións adoptadas por Formoso e polo Goberno de España.

A dirección do partido en Madrid pronunciarase nos vindeiros días.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade